| Version | |
| Download | 0 |
| Total Views | 0 |
| Stock | ∞ |
| File Size | 24.00 KB |
| File Type | |
| Create Date | 31 julio, 2026 |
| Last Updated | 7 septiembre, 2026 |
Estimado/a asociado/a
Reenviamos mail do Servizo de Xogo (Xunta), relativo a como deben actuar as empresas se teñen deteriorada, ou que non se lea ben, colocada en en as máquinas, outorgando como límite de prazo para emendalo o día 6 de outubro de 2026. A partir desa data se a inspección detecta documentación nesas condicións sen que pola empresa se haxa procurado resolvelo, dará lugar á incoación dun expediente sancionador.
Un saúdo
Bo día,
Á vista de certas situacións detectadas en relación coa existencia de documentación nas máquinas de xogo que, por diversos motivos, se atopaba deteriorada (normalmente emitida hai tempo e na que se aprecia rotura, selos borrados, texto ilexible, etc...) desde este Servizo considérase axeitado advertir ás empresas do sector afectadas do seguinte:
1.- Consonte ao establecido na Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia e do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia as empresas titulares das autorizacións correspondentes teñen a obriga de ter instalada a documentación exixida en cada máquina e, polo tanto, se se observase calquera deterioro relevante da documentación, teñen que solicitar un duplicado para poder substituíla e manter esta obrigación documental de forma correcta en todo momento. Para a emisión destes duplicados non é necesario que se abone ningunha taxa.
No caso de autorizacións ou comunicacións expedidas de xeito electrónico non será necesario solicitar un duplicado, poderá imprimirse un novo exemplar da correspondente documentación remitida por medios telemáticos.
2.- A estes efectos, as empresas afectadas disporán dun prazo que rematará o 6.10.2026 para emendar as posibles deficiencias existentes na documentación incorporada ás máquinas.
3.- A partir da data indicada, os casos de documentación deteriorada nos supostos referidos que se detecten pola inspección poderán dar lugar ao inicio dun procedemento sancionador, logo de comprobar que non se solicitou o correspondente duplicado.
Calquera dúbida poden trasladala contestando a este correo: xogosc@xunta.gal


