| Version | |
| Download | 0 |
| Total Views | 0 |
| Stock | ∞ |
| File Size | 24.00 KB |
| File Type | |
| Create Date | 29 julio, 2025 |
| Last Updated | 9 septiembre, 2026 |
A continuación se recoge información sobre distintos aspectos relativos al control de acceso en establecimientos de juego, que envió la Subdirección Xeral de Xogo de la Xunta a AGEO, para su difusión entre los asociados.
Según esta información los salones de juego estarán obligados, a partir del 06-10-2026, a tener un "Rexistro de persoas excluidas" de acceso a establecimiento de juego de Galicia (autonómico) que impida el acceso a aquellos que lo tengan prohibido.
Asunto: Control de acceso en establecementos de xogo
Unha vez transcorrido máis dun ano e medio dende a entrada en vigor da Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia, cómpre ter en conta as seguintes consideracións:
- Control de acceso a realizar nos establecemento de xogo
Polo que se refire ao control de acceso aos establecemento de xogo, a Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia, no seu artigo 8, introduciu unha nova previsión:
“[...] 2. Quedan obrigados a dispoñer dun control de acceso os casinos, as salas de bingo, os salóns de xogo e as tendas de apostas.
- As persoas responsables dos establecementos enumerados no número 2 haberán de impedir a entrada ás seguintes persoas:
- a) As menores de idade
- b) As que consten rexistradas no Rexistro de persoas excluídas de acceso ao xogo de Galicia.
- Para desenvolver as funcións de persoal de control de acceso, será necesario reunir os requisitos establecidos na normativa reguladora da actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e contar coa habilitación prevista na dita normativa.
- O sistema de control de acceso deberá estar operativo en cada unha das entradas de que dispoña o establecemento, que haberá de dispoñer dun sistema informático destinado á comprobación dos datos das persoas que pretendan acceder aos devanditos establecementos de xogo a fin de impedir o acceso a quen o tivese prohibido [...]”.
Sen prexuízo do anterior, hai que ter en conta o previsto na disposición transitoria primeira da citada lei: “As empresas de xogo dispoñerán dun prazo de tres anos, desde a entrada en vigor desta lei, para a adaptación das máquinas recreativas, de azar e de apostas e dos establecementos de xogo ao disposto nesta lei e nas modificacións regulamentarias introducidas por ela.”
Á vista do anterior, conclúese que o control de acceso de persoas menores é obrigatorio para todos os establecementos de xogo.
Polo que respecta ao control de acceso de persoas inscritas no Rexistro de persoas excluídas do acceso ao xogo de Galicia, no momento actual, consonte o esixido pola correspondente normativa regulamentaria sectorial aplicable, o dito control só é obrigatorio para os casinos, bingos e tendas de apostas. O resto de establecementos de xogo poden, de forma voluntaria, facer o control de persoas inscritas como excluídas de acceso ao xogo, pero non será obrigatorio ata o 6.10.2026, en aplicación do disposto na referida disposición transitoria primeira da dita Lei 3/2023, do 4 de xullo.
- Persoal habilitado para realizar o control de acceso
En relación coa obriga de contar con persoal habilitado encargado da realización do control de acceso en establecementos de xogo, consonte o previsto polo apartado 4 do referido artigo 8 da Lei 3/2023, do 4 de xullo, para desenvolver as funcións de control de acceso é necesario reunir os requisitos establecidos na normativa reguladora da actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como contar coa habilitación prevista na dita normativa.
A este respecto, hai que ter en conta que o Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen, no seu artigo 7 establece o seguinte:
“Artigo 7. Habilitación do persoal de control de acceso
Para desenvolver a función de control de acceso deberá contarse coa habilitación da dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, logo da obtención do certificado acreditativo de ter superado o curso correspondente expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública.”
En definitiva, da normativa exposta resulta que non é posible realizar o control de acceso por parte de persoal que non conte coa preceptiva habilitación.
Asemade, consonte o establecido nos artigos 33 e 36 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, a carencia da citada habilitación pode ser constitutiva dunha infracción grave respecto da que poderían impoñerse as seguintes sancións:
- a) Multa de 301 a 30.000 euros.
- b) Suspensión ou prohibición da actividade por un período máximo dun ano.
- c) Clausura do establecemento aberto ao público por un período máximo dun ano.
- d) Inhabilitación para a organización ou promoción de espectáculos públicos e actividades recreativas por un período máximo dun ano.
- Opcións técnicas para a realización do control de acceso
Continuando con aspectos relativos ao control de acceso, polo que se refire a realización control de acceso de persoas inscritas no Rexistro de persoas excluídas de acceso ao xogo de Galicia, é necesario recordar que para facer efectivo o cumprimento da Lei 3/2023 reguladora dos xogos de Galicia, en canto á previsión contida no artigo 8 de dispoñer dun sistema informático destinado á comprobación dos datos das persoas que pretendan acceder aos devanditos establecementos de xogo a fin de impedir o acceso a quen o tivese prohibido, a Xunta de Galicia pon a disposición das empresas obrigadas dúas alternativas técnicas.
En primeiro lugar, está dispoñible unha apliación web, https://consultapxogo2.xunta.gal/xogo2/external/extLoginAction?request_locale=es, desde a que o persoal con habilitación para realizar o control de acceso, acreditándose mediante certificado dixital, pode realizar consultas e verificar se a persoa se atopa inscrita no Rexistro.
En segundo lugar, existe outra opción baseada en consumo de servicios web. As empresas que teñan sido autorizadas polo órgano de dirección competente en materia de xogo poderán facer a integración correspondente e verificar se a persoa se atopa inscrita no Rexistro.
En ambos casos, as solucións técnicas que proporciona a Xunta de Galicia para realizar o control de acceso nos establecementos de xogo aseguran que cada consulta quede rexistrada na aplicación informática correspondente, xestionada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Así, o órgano autonómico de dirección competente en materia de xogo pode acceder a eses datos en calquera momento para realizar a auditoría que corresponda.
Por todo o anterior, procede recordar que:
- É necesario que en todo momento se efectúe axeitadamente o control de acceso das persoas que acceden ao establecemento de xogo, facéndoo de forma individualizada, para que quede rexistrada esa consulta, usando unha das solucións indicadas anteriormente.
- Non é posible realizar o control de acceso mediante a descarga dun listado diario de persoas que consten como “prohibidas ao xogo”, por ser un sistema que non permite que quede rexistrada cada unha das consultas, salvo no caso de que se producise un fallo informático, o cal deberá quedar rexistrado indicando a circunstancia concreta.
- No caso de que un establecemento estea a utilizar unha empresa intermediaria que poña á súa disposición unha aplicación informática propia, é necesario verificar que esa empresa conta coa autorización correspondente e está a cumprir cos requirimentos técnicos para que, en todo momento, as consultas queden rexistradas no sistema informático da Xunta.
O incumprimento do anterior, consonte o establecido nos artigos 44 e 45 da Lei 3/2023, do 4 de xullo, pode ser constitutivo de infracción moi grave ou grave sobre as que, segundo o previsto no artigo 49 da dita norma, se poderían impoñer as seguintes sancións:
- a) As moi graves, desde 18.001 euros ata 100.000 euros. Non obstante, o límite máximo será de 600.000 euros nos casos nos que proceda a aplicación dos criterios de graduación especificados no artigo 50 co fin de que a comisión da infracción non resulte máis beneficiosa para a persoa infractora que o cumprimento das normas infrinxidas.
- b) As graves, desde 3.001 euros ata 18.000 euros.


