Circular 16 06 26_Guía de comunicación a la Administración de averías o reparación de máquinas de juego

Ageo - Expediente - Circular 16 06 26_Guía de comunicación a la Administración de averías o reparación de máquinas de juego

Version
Download 0
Total Views 0
Stock
File Size 24.00 KB
File Type unknown
Create Date 16 junio, 2026
Last Updated 7 septiembre, 2026
Descargar

Remitimos correo del Servizo de Xogo remitido a las empresas operadoras gallegas:

A Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia, no seu art. 13 establece que: “(...) 3. As empresas de xogo terán as seguintes obrigas: (...)

  1. f) Non deixar fóra de funcionamento as máquinas de xogo durante o horario de apertura ao público do establecemento de xogo ou do local habilitado para a práctica dos xogos no que aquelas se atopen instaladas, cando iso provoque un menoscabo nos dereitos das persoas usuarias dos xogos, agás que concorra causa xustificada debidamente comunicada ao órgano autonómico de dirección competente en materia de xogo.

 

En coherencia coa citada obriga, a propia Lei 3/2023 contempla no seu art. 46 como unha infracción leve a de: “l) Deixar fóra de funcionamento as máquinas de xogo durante o horario autorizado para o establecemento con menoscabo dos dereitos das persoas usuarias do establecemento no que se atopen instaladas e sen causa xustificada debidamente comunicada ao órgano autonómico de dirección competente en materia de xogo”.

 

Para facilitar o cumprimento da citada obriga por parte das empresas de xogo e establecer un mecanismo sinxelo e operativo para o exercicio das competencias que lle corresponde ao órgano de dirección con competencias en materia de xogo, no seu momento a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, elaborou un modelo de formulario de comunicación, que se puxo a disposición de todas as empresas de xogo para que puidesen cumprir coas obrigas establecidas a este respecto pola normativa en vigor, citada anteriormente, que tiña que ser remitido á dirección de correo electrónico do Servizo de Xogo para que quedase constancia.

 

Neste momento, continuando coa mellora dos procesos de automatización, en aras dunha mellor e máis eficaz xestión administrativa, tense establecido unha ferramenta informática que permita a xestión das citadas comunicacións de avarías e reparación de máquinas de xogo e apostas.

 

Xunto a este correo achégase a guía de funcionamento que tamén se poderá atopar no propio acceso web dispoñible para os trámites que xe ten habilitado o acceso cada unha das empresas.

 

Advírtese que a utilización deste sistema será esixible a todos os efectos desde o 1 de xullo de 2026.

 

Para calquera dúbida sobre este asunto poden dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico: xogosc@xunta.gal

18 06 XOGO2_GUIA_GestionAverias

Compartir: